Hemeroteca

Asset Publisher

Back As persoas maiores participan no deseño das rutas de sendeirismo do programa Ven e Descubre

Oleiros, 15 de marzo de 2018-. Un grupo de persoas maiores que participou anteriormente na actividade Camiños de Oleiros está a percorrer distintos sendeiros para trazar un percorrido polo que levar a cabo a ruta de sendeirismo Oleiros no barro, que transcorrerá entre Serantes e Liáns e servirá para coñecer a orixe da toponimia do noso concello. O obxectivo é buscar o maior contacto coa natureza posible e o paso polos lugares de interese para a ruta.

A industria do barro vai acompañar ás persoas participantes nesta ruta desde a Lagoa de Mera ata o Museo dos Oleiros en Santa Cruz. Tamén pasarán polo lugar no que estivo situada a primeira fábrica de louza de Galicia, en Dorneda.

Ademais, o grupo dos talleres de memoria de Mera, tamén participará activamente no desenvolvemento desta ruta explicando a peculiar formación da lago de Mera, como lugar de extracción de arxila para a fábrica de cerámica que había alí e da que hoxe queda unha das súas chemineas como recordo do pasado industrial desta vila mariñeira.
 

back link