Oleiros, 13 de xuño de 2016-. Os veciños e veciñas de Oleiros poderán coñecer a costa de Oleiros e os ríos máis singulares de Galicia desde a auga grazas ás excursións en piraguas para persoas maiores de 18 anos. Todos os interesados en participar poden xa apuntarse desde hoxe mesmo.
A actividade realizarase en kaiaks dobres e autobaleirables e contarán con dous monitores que guiarán o grupo en todo momento. O programa tamén inclúe transporte para realizar os desprazamentos cando estes sexan fóra do Concello.
A inscrición para as excursións pode facerse por correo electrónico no enderezo deportes@oleiros.org, no teléfono 981 610 000 (extensións 4908 e 4909) ou persoalmente no Servizo Municipal de Deportes, situado no centro cultural A Fábrica.