Oleiros, 22 de abril de 2016-. O vindeiro martes 26 de abril, ás 19:30 horas, o centro cultural A Fábrica acollerá unha mostra instrumental para que os rapaces e rapazas interesados en participar na Escola Municipal de Música poidan ter contacto directo cos instrumentos e poidan elixir da maneira máis axeitada. A Escola Municipal de Música oferta 18 prazas de instrumento para o curso 2016-2017.
O prazo para presentar as novas solicitudes de matrícula daquelas persoas que desexen ser alumnos ou alumnas das Escolas Municipais de Danza e Música durante o vindeiro curso escolar 2016-2017 remata o vindeiro luns. Tanto para realizar a renovación ou as novas matrículas, os interesados deberán dirixirse ás secretarías de ambas escolas de 17 a 20 horas. Para máis información poderán chamar ao teléfono 981 639 155 da Escola Municipal de Danza , e ao 981 639 143 da Escola Municipal de Música.