Hemeroteca

Asset Publisher

Back As persoas abonadas da piscina de Oleiros e do complexo deportivo de Dorneda poderán utilizar

Oleiros, 22 de xuño de 2011-. As persoas abonadas da piscina de Oleiros e do complexo deportivo de Dorneda poderán utilizar as dúas instalacións de forma indistinta a partir de mañá. Esta importante mellora, que permite entre outras moitas cousas usar calquera das dúas instalacións en función dos horarios das usuarias e usuarios, as actividades preferidas ou o nivel de ocupación, é posible grazas ao cambio de empresa xestora. Mañá día 23 de xuño comeza a súa actividade a empresa Aqualia que substitúe a Sidecu na xestión da piscina municipal de Oleiros e quen xa se ocupa da xestión do complexo deportivo de Dorneda desde a súa apertura o pasado ano. Ademais, Aqualia farase responsable o próximo mes de novembro das outras dúas piscinas municipais, a de Perillo e a da Fábrica, polo que estas flexibilidades de uso para as persoas abonadas estenderanse á totalidade dos complexos deportivos do municipio.

Durante o pasado mes, o cambio de xestión obrigou ao Concello de Oleiros e á nova empresa a iniciar un novo proceso de inscrición, xa que Sidecu se negou incomprensiblemente a entregar a listaxe de usuarios ao Concello. Finalmente, e tras a mediación do Goberno local, entregounos, polo que non foi necesario que todos os usuarios e usuarias levaran a cabo este trámite, aínda que algúns si se viron afectados pola negativa da anterior concesionaria.

Na actualidade, Oleiros conta con catro piscinas municipais e tres complexos deportivos de altas prestacións, o que sitúan o noso municipio na vangarda de equipamentos deportivos deste tipo a nivel nacional, situando o ratio de instalación deportiva por habitante á altura de cidades como Vitoria ou Barcelona.

back link