Oleiros, 5 de xaneiro de 2018-. O Concello de Oleiros informa que se están a producir problemas de turbidez na auga que chega aos domicilios debido a arrastres provocados polas abondosas precipitacións dos últimos días. Igualmente, as obras que se están a realizar no Concello de Culleredo, con roturas das tubaxes, que son as mesmas que abastecen a Oleiros, tamén orixinan estes problemas.
“A auga é potable e non ten ningún problema. En calquera caso, agardamos que está situación se solvente nos vindeiros días”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.