Hemeroteca

Asset Publisher

Back As obras de asfaltado na avenida Rosalía de Castro obrigan a cortar a circulación de martes a v

Oleiros, 1 de xullo de 2019-. Debido ás obras de pavimentación que vai realizar o Concello de Oleiros na avenida Rosalía de Castro, desde o martes día 2 ata o venres día 5 non se poderá circular por esta rúa entre as 8:00 e as 20:00 horas. Tampouco estará permitido o acceso ou saída de garaxes.

O Concello de Oleiros está a realizar as obras de reurbanización desta avenida, en Perillo, desde a rotonda do Lucín ata a ponte da Pasaxe. O custo total desta actuación é de 403.725,52 euros.

back link