Oleiros, 27 de febreiro de 2014-. A Concellería de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Oleiros, como cada ano, patrocina as festas infantís de Entroido que se van celebrar en todas as casas do pobo e centros culturais do municipio, tendo como finalidade preservar estas festas tan significativas para a nosa cultura, onde se mesturan diversos rituais propios destas celebracións.
Estas festas están organizadas polas entidades socioculturais de cada parroquia coas que colabora o Concello na dinamización, a través dun grupo de animación que realiza xogos, desfiles e obradoiros de entroido para crear un ambiente lúdico e festivo como corresponde nestas datas.
Ademais, en cada casa do pobo as entidades prepararán chocolate ou bolsas de agasallos para cada un dos participantes. As datas nas que se celebrarán as festas son as seguintes:
1.MONTROVE 01/03 CENTRO CULTURAL 17.30 h
2.LORBÉ 01/03 CASA DO POBO 18.00 h
3.OLEIROS 03/03 CASA DA REPÚBLICA 17.30 h
4.DORNEDA 03/03 CASA DO POBO 18.00 h
5.NÓS 04/03CASA DO POBO 17.30 h
6.PERILLO 04/03 PAVILLON MUNICIPAL CEIP VALLE INCLÁN 17.30 h
7.IÑÁS 04/03 CASA DO POBO 18.00 h
8.DEXO 04/03 CASA DO POBO 18.00 h
9.MERA 08/03 CASA DO POBO 19.00 h
10.SANTA CRUZ 08/03 CENTRO CÍVICO 19.00 h