Hemeroteca

Asset Publisher

Back As escolas municipais de música e danza celebran esta fin de semana os seus festivais de fin de

Oleiros, 15 de xuño de 2016-. As escolas municipais de música e danza de Oleiros celebran esta fin de semana os seus festivais de fin de curso. O sábado pola tarde o auditorio Gabriel García Márquez de Mera acolle unha dobre sesión do musical A Bela e a Besta. O domingo repetirase esa e outras actuacións distintas no Teatro Colón da Coruña.

A primeira sesión de A Bela e a Besta será ás 18:00 h, quedando o segundo pase para as 20:30 h. Participarán no musical a Orquestra e o Coro de Voces Brancas da Escola Municipal de Música e a sección de Danza Clásica da Escola Municipal de Danza. Tamén actuará o coro de cámara Statu Variabilis. A Bela e a Besta é unha das películas máis populares de Disney e posteriormente converteuse nun dos musicais máis aclamados. A historia pretende inculcar no público un importante valor, non prexulgar sen coñecer.

O domingo o espectáculo comeza ás 19:00 horas no Teatro Colón da Coruña. A primeira parte corresponderalle á Escola Municipal de Danza con sección de Danza Moderna, sección de Danza Clásica, sección de Danza Contemporánea e sección de Danza para adultos. Na segunda parte repetirase o musical A Bela e a Besta do sábado. A Banda da Escola Municipal de Música pechará o festival coa interpretación das obras musicais Connosco, Expedition, Lela, Granada e Hanníbal.

PROGRAMA
 

back link