Hemeroteca

Asset Publisher

Back As Escolas Municipais de música, danza e teatro retoman o luns as clases presenciais

 Oleiros, 18 de febreiro de 2021-. Ante o cambio nas restricións sanitarias decretado pola Xunta de Galicia, a próxima semana restablécese a actividade lectiva presencial nas escolas municipais de música, danza e teatro.

 
Non se retomarán as clases daquelas actividades que impliquen utilización de instrumentos de vento e/ou exercicios de canto. Nestes casos continuarán impartíndose telematicamente ata que a situación o permita.
 
back link