Hemeroteca

Asset Publisher

Back As escolas municipais de danza e música ofertan 252 novas prazas para o curso 2012-2013

Oleiros, 23 de maio de 2012-. As escolas municipais de música e danza do Concello de Oleiros ofertan 252 novas prazas para o curso 2012/13. A Escola Municipal de Música, sita no complexo cultural A Fábrica, dispón de 50 prazas para o nivel de Música e Movemento e de 55 máis para a disciplina de Especialidades Instrumentais. As primeiras son para nenos e nenas de entre 4 e 7 anos e as segundas para maiores de 8 anos. As persoas interesadas na disciplina de Música e Movemento deberán formalizar a súa solicitude desde hoxe ata o venres día 25, mentres que as persoas demandantes de especialidades instrumentais poderano facer desde o 26 ata o próximo día 30.

Pola súa parte, a Escola Municipal de Danza situada na avenida Valle Inclán oferta un total de 147 prazas, 61 para nenos e nenas de 4 a 7 anos e 86 para maiores de 8 anos. Os primeiros deberán inscribirse desde hoxe ata o venres e os segundos poderán facelo desde o próximo 26 ata o día 30. A adxudicación de prazas nos catro procesos levarase a cabo entre o 31 de maio e o 1 de xuño.
 

back link