Hemeroteca

Asset Publisher

Back As entidades sen ánimo de lucro recibirán as subvencións anuais nas vindeiras semanas

Oleiros, 17 de novembro de 2016-. O Concello de Oleiros comunicará nos vindeiros días o reparto económico das subvencións anuais dirixidas aos centros de ensino público e ás entidades educativas, deportivas, culturais e veciñais do municipio. En total, repartiranse 254.300 euros co obxectivo de fomentar as actividades culturais, educativas, deportivas e xuvenís.

Os centros de ensino público e as ANPAs recibirán a maior parte dos cartos,135.000 euros. Os 119.300 euros restantes repartiranse entre 49 entidades deportivas, culturais e veciñais.

Todas as asociacións veciñais, deportivas, culturais, xuvenís, ANPAS e outros colectivos  sen ánimo de lucro que figuran inscritos no Rexistro Municipal de Entidades do Concello de Oleiros, así como os centros de ensino público, poden concorrer a estas subvencións. Ademais destas axudas económicas que se entregan anualmente, o Concello colabora estreitamente con todas as asociacións e entidades poñendo á súa disposición infraestruturas públicas e recursos humanos municipais para facilitar o desenvolvemento das actividades.
 

back link