Hemeroteca

Asset Publisher

Back As entidades de Oleiros homenaxearán á pediatra Cecilia Vecillas

Oleiros, 26 de novembro de 2015-. A pediatra Cecilia Vecillas, con motivo da súa xubilación, recibirá unha homenaxe de todo o pobo de Oleiros en agradecemento aos 36 anos de excelente atención aos nenos e nenas do municipio. O Concello e as entidades sociais xa están a preparar un acto que terá lugar en xaneiro.

O Goberno local xa puxo en marcha unha iniciativa a través da que os escolares de Oleiros redactarán textos e farán debuxos para posteriormente crear un libro que se lle entregará á pediatra Cecilia. Ademais, o Concello agarda recibir suxerencias dos veciños e veciñas para facer “a homenaxe o máis fermosa posible”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

“É unha mágoa que se xubile. Cecilia é unha profesional dos pés á cabeza. Xente así non se debería xubilar nunca”, comentou Ángel García Seoene. O alcalde de Oleiros tamén destacou a calidade humana desta pediatra que dedicaba as súas vacacións a curar nenos e nenas en países desfavorecidos.
 

back link