Hemeroteca

Asset Publisher

Back As corais do municipio participan o domingo no tradicional Concerto de Nadal

 Oleiros, 9 de decembro de 2019-. O domingo 15 de decembro, ás 19:30 horas celébrase, o Concerto de Nadal de Corais do municipio no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera. A Coral Polifónica de Mera, a Coral Polifónica Airiños de Nós, a Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz, o Coro Tradicional Dorna e o Coro de Oleiros interpretarán diversas panxoliñas e unha última peza conxunta. Ademais, o Coro de Voces Brancas da Escola Municipal de Música abrirá a xornada.

 
Nesta tradicional xuntanza participan todas as corais do concello, co fin de intercambiar impresións e desexarse un feliz ano novo. Con este concerto, o Concello de Oleiros pretende fortalecer a relación entre os diferentes coralistas que participan en numerosos eventos musicais durante todo o ano.
back link