Oleiros, 9 de decembro de 2011-. Este domingo ás 19.30 horas celebrarase no auditorio da Fábrica o concerto polifónico de Panxoliñas. Como todos os anos polo Nadal, o Departamento de Cultura organiza unha xuntanza para que participen todas as masas corais do municipio, coa fin de intercambiar impresións e felicitarnos o Ano Novo. Esta actividade fomenta a relación entre os distintos colectivos musicais deste tipo que existen en Oleiros. A entrada será gratuíta ata completar o aforo.