Este concerto é unha das diversas iniciativas que realiza o Concello para fomentar o canto coral como expresión cultural e artística e ferramenta para a convivencia.
Hemeroteca
Asset Publisher
O vindeiro domingo 15 de decembro, ás 19:30 horas, celébrase o Concerto de Nadal de Corais do municipio no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera. Participarán a Coral Polifónica Lembranzas de Santa Cruz, o Coro de Oleiros a Coral Polifónica de Mera e a Coral Airiños de Nós, que despois das súas respectivas actuacións cantarán de maneira conxunta a panxoliña Cun sombreiriño de palla (popular).