Oleiros, 3 de febreiro de 2015-. Ao longo das pasadas semanas realizáronse as primeiras accións formativas dentro da programación de actividades do local de Ensaio Municipal da Fábrica de Perillo. O encargado de inaugurar esta serie de xornadas formativas foron Quique Alvarado, quen conduciu aos usuarios interesados no baixo eléctrico nunhas clases maxistrais durante varios sábados, e Alberto Camba, que fixo o propio coa batería. A calidade docente do profesorado e o alto interese das persoas asistentes fixo que fose unha experiencia moi interesante para todos.
Hemeroteca
Asset Publisher
Esta iniciativa é tan positiva que desde o Goberno lcoal de Oleiros vaise seguir impulsando accións que máis aló de facilitar un lugar físico onde ensaiar, xeren movemento na cultura musical de Oleiros. Deste xeito, durante este mes de febreiro, levaranse a cabo dúas novas actividades relacionadas coa técnica vocal e a guitarra eléctrica.
100% de ocupación
Por outra banda, o local acadou xa o 100% de utilización dos horarios dispoñibles, e con varios grupos agardando quenda para poder levar a cabo algunha sesión libre para poder ensaiar. Polo que o Concello formúlase a posibilidade de habilitar novos espazos para máis grupos o que permitiría contar con máis horarios dispoñibles.