Hemeroteca

Asset Publisher

Back As Casas da Mocidade organizan unha ruta dos murais e arte urbana

O Concello de Oleiros, a través das Casas da Mocidade, organiza rutas para coñecer o muralismo e a arte urbana da contorna. O sábado 13 de xuño realizarase un safari fotográfico por Cambre  e o sábado 20 de xuño por Ordes. 

A actividade consiste nunha aventura diferente para dar a coñecer  a arte urbana que enche e embelece as rúas de Cambre e Ordes. En ambas saídas realizarase un safari fotográfico onde os participantes, a modo de xincana, deberán localizar os murais, descubrir as historias que neles se esconden , sacar fotos ás obras máis sorprendentes do percorrido e resolver as pistas e xogos propostos pola organización a través dos propios murais.

A saída prevista o sábado 13 de xuño aos murais de Cambre será de 17:00 a 20:00 horas; mentres que a saída prevista para o día 20 de xuño ao Murais de Ordes será de 11:00 a 20:00 horas xa que se completará a actividade cunha Ruta polos Muíños de Baltar, onde os participantes poderán gozar da riqueza natural da zona ademais de coñecer de primeira man a pegada da auga no noso patrimonio.

Ambas saídas disporán de autobús que partirá das Casas da Mocidade.

As inscricións realizaranse a través da web municipal, nas Casas da Mocidade (As Pedras e Portaberta) de forma presentacial ou contactando polas redes sociais das Casas da Mocidade e nos teléfonos 981 614 083 (Portaberta) e 981 977 944 (As Pedras).
 

back link