Hemeroteca

Asset Publisher

Back As Casas da Mocidade de Oleiros abertas durante todo o verán

As Casas da Mocidade teñen abertas as súas portas este verán para ofrecer á mocidade un espazo de lecer, encontro e convivencia, con horarios adaptados ás tardes e noites dos venres, sábados e domingos tanto en Santa Cruz coma en Perillo.

A Casa de Portaberta, situada en Santa Cruz, estará dispoñible para todos os mozos e mozas os venres, sábados e domingos en horario de 19 a 22h. Un lugar perfecto para compartir, xogar ou simplemente pasar un bo rato nun ambiente seguro e acolledor. 

Pola súa banda, a Casa das Pedras, en Perillo, tamén abre os venres e domingos no mesmo horario (19 a 22h), mentres que os sábados prolonga a súa actividade ata as 23h. As instalacións permanecerán pechadas os venres 25 de xullo e 15 de agosto por tratarse de días festivos. 

As Casas da Mocidade, destinadas ás persoas de entre 14 e 30 anos, contan con numerosos espazos de lecer para xogar, cociñar, descansar e gozar cos amigos nun entorno xuvenil e acolledor. Cociña, consolas, zona chill-out exterior, salas de estar, futbolín, billar, ping-pong, xogos de mesa, dardos e moitas máis actividades ó longo do verán coma obradoiros ou torneos. 

Convidamos a todos os mozos e mozas a achegarse e participar nas actividades e servizos que ofrecen as Casas da Mocidade, pensadas para promover a participación, a creatividade e o benestar xuvenil durante os meses de verán.  

Toda a información detallada sobre as actividades está dispoñible no perfil de Instagram @centrosmocidadeoleiros, onde se publicarán todas as novidades.
 

back link