Hemeroteca

Asset Publisher

Back As casas da mocidade acollen numerosas actividades no mes de marzo

 Oleiros, 25 de febreiro de 2022-. Xa está aberto o prazo para inscribirse no programa de actividades xuvenís Noctamboleiros do mes de marzo que se desenvolve nas casas da mocidade. As actividades están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 30 anos e son gratuítas. 

 
Este mes organizarase unha excursión á Estrada, un obradoiro de rakú, un monográfico de maquillaxe de fantasía, unha festa de Entroido, un obradoiro de cociña de barro interxeracional, torneo de simuladores de PS4, unha actuación do grupo Another wasted year, a exposición O humano da natureza, a natureza do humano... ademais de continuar co programa radiofónico Mociradio. Para obter máis información ou inscribirse é posible nas casas da mocidade (Santa Cruz e As Pedras), chamar ao 981 614 083, ou enviar un correo a pix.portaberta@gmail.com ou  pix.aspedras@gmail.com.
back link