Hemeroteca

Asset Publisher

Back As bibliotecas públicas municipais de Oleiros celebran o Entroido con obradoiros de máscaras para crianzas a partir de 6 anos

A rede de bibliotecas públicas do Concello de Oleiros organiza obradoiros de creación de máscaras de entroido para crianzas a partir de 6 anos. Os obradoiros comezarán ás 17:30 horas os días 5, 6, 7,8 e 9 de febreiro.

Desde o día 5 ata o 9 de febreiro terán lugar numerosos obradoiros de máscaras de entroido nas bibliotecas públicas do Concello de Oleiros. Estas actividades están dirixidas a nenas e nenos a partir de 6 anos. Cada obradoiro terá unha duración de 90 minutos.

Para participar das actividades é imprescindible inscribirse na biblioteca onde terá lugar o obradoiro de creación de máscaras de entroido. O aforo é limitado polo que se deberá reservar praza na propia biblioteca ou ben chamando a cadanseu número de teléfono. As persoas interesadas poderán inscribirse desde 10 días antes da data de realización da actividade.

PROGRAMACIÓN: 

- 5 DE FEBREIRO:    Máscaras de animais
BIBLIOTECA Mª JOSÉ RUSO DE DORNEDA
Tel.: 981 626 638

- 6 DE FEBREIRO:   Máscaras do Entroido tradicional galego
BIBLIOTECA MANUEL MARÍA DE OLEIROS
Tel.: 981 610 700

- 7 DE FEBREIRO:    Máscaras do Entroido tradicional galego
BIBLIOTECA ROSALÍA DE CASTRO DE SANTA CRUZ
Tel.: 981 626 338

- 8 DE FEBREIRO:   Máscaras de personaxes de contos infantís
BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA
Tel.: 981 639 511

- 8 DE FEBREIRO:  Máscaras do Entroido tradicional galego
BIBLIOTECA XOGRAR MENDIÑO. LORBÉ
Tel: 981 618 201

- 9 DE FEBREIRO:   Máscaras de personaxes de cómic
BIBLIOTECA ÁNXEL FOLE. NÓS
Tel.: 981 664 257

- 9 DE FEBREIRO:   Máscaras de personaxes de contos infantís
BIBLIOTECA Mª JOSÉ TRINCADO MERA
Tel.: 981 628 507

 

As crianzas deberán estar acompañadas por unha persoa adulta no recinto da biblioteca ata que remate a actividade.

back link