Hemeroteca

Asset Publisher

Back As Bibliotecas municipais elaboraron catro guías de lectura con recomendacións para o verán

Oleiros, 30 de xuño de 2016-. As Bibliotecas municipais do Concello de Oleiros elaboraron catro guías de lectura tituladas  "Á brisa da lectura" con recomendacións de lecturas para o verán e cunha selección de títulos que fan sorrir, emocionar ou reflexionar coa intención de ofrecer momentos agradables. Son obras que hai nas bibliotecas municipais e que poden levarse en préstamo para as casas.

As guías repartíronse entre alumnado dos centros de ensino público de Oleiros, pero tamén poden consultarse nas bibliotecas municipais ou na web municipal. Presentan unha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para diferentes idades, distintos gustos,  intereses e preferencias.

A guía para nenas e nenos menores de 6 anos conta con 21 recomendacións de libros e libros-disco, na que figuran obras como “Chega un avión!” que é un simpático libro para entreter aos máis pequenos que non queren comer; “El niño nuevo” que nos fala da chegada dun novo irmán; ou “¡Mío! No siempre es fácil compartir” unha entrañable historia sobre o difícil que a veces resulta compartir...

A das nenas e nenos de 6 a 12 anos presenta 56 recomendacións de libros, libros-disco e DVD, na que hai obras como “Teatro de guiñol” coa que o grupo musical Pirilampo homenaxea ao poeta Manuel María; “Canta o cuco: Uxía e Magín na casa de Manuel María” fermoso libro-disco cheo de ritmo; ou a máis estraña historia de piratas con “El tesoro de barracuda”, ou “El enigma de la Atlántida” no que se poden acompañar aos seus personaxes en asombrosos descubrimentos.

A terceira das guías, dirixida a adolescentes, ten 23 recomendacións de libros e DVD, con obras como a novela de intriga de Andrea Maceiras “Europa Express”; ou “Quantic Love” sobre o centro de investigación máis avanzado do mundo.

A publicación para mozos e adultos ofrece 93 recomendacións de libros e DVD, con obras como a novela de Manuel Rivas “O último día de Terranova” que é a historia dunha libraría na que conflúen amores, libros prohibidos e a memoria da nosa historia recente; ou o fermoso libro de poemas “Advento” de Manuel María;  ou “La ley del menor” de Ian McEwan.
 

back link