Hemeroteca

Asset Publisher

Back As Bibliotecas municipais de Oleiros elaboran unha guía de lectura con 309 recomendacións

Oleiros, 29 de decembro de 2011-. O Concello de Oleiros, a través da Rede de Bibliotecas Municipais de Oleiros, elaborou unha guía de lectura titulada Palabras para compartir, formada por 309 recomendacións, das que 125 son de libros, DVD e CD infantís e xuvenís e as restantes están dirixidas a mozos/as e adultos/as.  O obxectivo desta iniciativa é presentar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar á súa lectura, audición ou visión.

É unha escolla realizada polo persoal das bibliotecas municipais polo que nela pódense atopar publicacións moi diversas: desde contos, novelas, poesía, teatro, banda deseñada, obras de divulgación científica, ensaios, biografías, películas, documentais ou discos. Trátase dunha selección de obras de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para diferentes idades, gustos, intereses e preferencias. Boas historias e bos libros para ler, observar ou mirar, películas ou discos para gozar e compartir. Todas estas recomendacións hainas nas bibliotecas de Oleiros e pódense levar en préstamo. En total o Concello imprimiu mil exemplares que foron distribuídos nos centros de ensino público deste concello e nas bibliotecas municipais.
 

back link