Hemeroteca

Asset Publisher

Back As Bibliotecas municipais énchense de actividades para celebrar o Día das Letras

Oleiros, 3 de maio de 2016-. O Concello de Oleiros organiza durante as próximas semanas un amplo programa de actividades para festexar o Día das Letras Galegas que este ano ten como protagonista ao ilustre escritor Manuel María. Para achegar a figura deste excelente autor aos veciños e veciñas de Oleiros, dar a coñecer os seus principais poemas, as súas obras máis destacadas, as súas características máis significativas e promover a lectura dos seus libros, levaranse a cabo diversos actos en todas as Bibliotecas municipais.

As sete bibliotecas de Oleiros acollerán a mostra bibliográfica titulada “Ronsel de Manuel María”  formada por obras escritas polo autor e outras que falan del, tanto da súa produción literaria como da súa biografía, así como marcapáxinas conmemorativo, murais e encrucillados. Ademais, na Biblioteca Central Rialeda, na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz e na Biblioteca María José Ruso de Dorneda poderase ver a exposición de imaxes, fotografías e portadas de diferentes libros da súa autoría titulada “A esencia máis nosa: Manuel María e a súa obra en imaxes”.


ACTIVIDADES PARA PÚBLICO INFANTIL CON POEMAS E CONTOS DE MANUEL MARÍA (HORA DE REALIZACIÓN 18:30 H)


BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA - PERILLO

- 5 maio: “Atopando soños” por Soledad Felloza (maiores de 5 anos).

BIBLIOTECA Mª JOSÉ RUSO - DORNEDA

- 9 maio: “Poemas e contos musicados con Manuel María” por  Marisa Irimia (maiores de 5 anos).

BIBLIOTECA ROSALÍA DE CASTRO - SANTA CRUZ

- 11 maio: “Quixera ser...soñador” a cargo de Soledad Felloza (maiores de 5 anos).

BIBLIOTECA XOGRAR MENDIÑO – LORBÉ

- 12 maio: “O carteiro en bicicleta: contos para homenaxear a Manuel María” a cargo de Caxoto (maiores de 5 anos).


BIBLIOTECA ÁNXEL FOLE - NÓS

- 13 maio: “A chave de abrir o mundo: contos para homenaxear as Letras Galegas” por Soledad Felloza (maiores de 5 anos).


BIBLIOTECA MANUEL MARÍA – OLEIROS
- 24 maio: “Babacontos con Manuel María” a cargo de Larraitz (maiores de 4 anos). Actividade de “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia.
  

ACTIVIDADES DIRIXIDAS A ALUMNADO DOS CENTROS DE ENSINO PÚBLICO

BIBLIOTECA ROSALÍA DE CASTRO - TEATRO DAS TORRES DE SANTA CRUZ

- 24 maio: “Conferencia divulgativa sobre a biografía e obra de Manuel María” a cargo de escritora e profesora Mercedes Queixas (dirixida ao alumnado de ESO e bacharelato).

- 6 e 13 maio  “Teatro de guiñol: concerto de Pirilampo musicando poemas de Manuel María”  polo grupo musical Pirilampo (dirixido ao alumnado de educación infantil e primaria).

- 18 e 25 maio:  “Manuel María: o vento na palabra” na voz da actriz Soledad Felloza. Espectáculos a cargo da actriz Soledad Felloza recitando poesías seleccionadas das obras Os soños na gaiola e Versos do lume e o vagalume de Manuel María (dirixidos a alumnado de 2º, 4º, 5º e 6º  de ensinanza primaria).
 

back link