Oleiros, 9 de novembro de 2016-. O proxecto de promoción da lectura presentado polas Rede de Bibliotecas Municipais de Oleiros titulado “De libros e ilusións” foi un dos seleccionados polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a FEMP na Campaña de animación á lectura María Moliner dirixida ás bibliotecas de concellos de menos de 50.000 habitantes. O programa describe as actividades de fomento da lectura realizadas ao longo deste ano nas bibliotecas oleirenses.
Para a selección do proxecto do Concello de Oleiros tívose en conta a claridade e o interese do proxecto, a boa planificación, a viabilidade, a orixinalidade, así como a eficiencia no traballo bibliotecario, a integración social na comunidade e a inmersión nas novas tecnoloxías. De todo o Estado español presentáronse 605 proxectos. O premio consiste nun lote de 150 libros infantís e xuvenís.