Hemeroteca

Asset Publisher

Back As bibliotecas acollerán ao longo dos próximos días unha morea de actividades infantís

 

Oleiros, 9 de outubro de 2014-. O próximo 10 de outubro, ás 18:30 horas a Biblioteca Municipal Mª José Trincado de Mera acolle o espectáculo de monicreques titulado “Unha pinga de mel”. A actuación, dirixida a maiores de 3 anos, correrá a cargo de Teatro Garabullo. Nela realizarase unha actividade para a concienciación ambiental cun pequeno obradoiro sobre o mundo das abellas. Unha viaxe polo mundo das abellas chea de sorpresas, gargalladas e aventuras.
 
O mesmo día e a mesma hora, na Biblioteca Municipal Ánxel Fole de Nós, realizarase a actividade de narración oral titulada O aviador a cargo de Elefante Elegante, dirixida a nenas e nenos de 3 a 10 anos. O aviador é a historia do encontro dun aviador cun moucho ao que, coma a todos os mouchos, lle gusta máis a noite que o dia.
 
Xa a partir do luns, a Biblioteca Municipal Mª José Ruso de Dorneda será a sede dun obradoiro dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Neste curso afondarase nas propias capacidades creativas desde diferentes actividades relacionadas coa creación da imaxe en movemento a partir da imaxe fixa. Conectarase aos nenos e ás nenas co mundo do cinema, da fotografía, a literatura e as artes plásticas. Realizarase os próximos días 13, 17, 20 e 24 de outubro, ás 18:30 horas
 
Pola súa parte, o martes día 14 de outubro ás 18:30 horas na Biblioteca Municipal Manuel María de Oleiros, levarase a cabo o espectáculo titulado Abrapalabra: maxia e poesía, de Carlos Coira. A actividade está dirixido a nenas e nenos de 4 a 10 anos. Un espectáculo no que os nenos e as nenas serán os protagonistas ao poder converterse en magos ou en magas. Por último, tamén o martes a mesma hora, esta vez na Biblioteca municipal Federico García Lorca de Montrove realizarase a actividade de narración oral titulada O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa a cargo de Teatro Calavera, dirixida a nenas e nenos de 2 a 10 anos. As actividades continuarán o mércores cun completo programa infantil do que se informará o próximo luns.
 
back link