Hemeroteca

Asset Publisher

Back As análises de auga seguen confirmando que o porto e a praia de Santa Cruz son espazos aptos para o baño

As análises quincenais realizadas polo Concello volven confirmar que a calidade da auga da praia e do porto de Santa Cruz é excelente e que non existe ningún tipo de contaminación, polo que continúa sendo totalmente apta para o baño.

Os novos resultados corroboran os datos obtidos nas anteriores análises e  reafirman o bo estado das augas tanto na zona do porto como fronte ao Hotel Portocobo. O Concello continuará realizando estes controis cada quince días ao longo de todo o verán para facer un seguimento continuo da calidade da auga.

A continuidade nos resultados das análises demostran que o veto imposto pola Xunta á praia de Santa Cruz non se corresponde coa realidade actual. Oleiros dispón dunha rede de saneamento moderna e eficiente que, no caso concreto de Santa Cruz, foi reforzada en 2018 coa construción do tanque de tormentas, unha infraestrutura feita para eliminar os episodios puntuais de contaminación provocados polas fortes choivas e polas conexións ilegais de augas pluviais á rede de saneamento.

back link