Hemeroteca

Asset Publisher

Back Arranca o Entroido nas bibliotecas municipais con varios obradoiros

Oleiros, 18 de febreiro de 2014-. Esta tarde comezarán as actividades programadas polo Concello para festexar o Entroido nas Bibliotecas Municipais de Oleiros. As nenas e os nenos participantes poderán realizar sinxelos monicreques confeccionados con variñas, pelotas de feltro, etc.  Estes lúdicos e divertidos obradoiros de manualidades con monitorado celebraranse ás 18.30 horas e están dirixidos a público infantil a partir de 5 anos. O número máximo de participantes que pode haber en cada obradoiro é de 20 nenos/as, polo que é imprescindible que se inscriban na biblioteca en que desexen participar.

Ademais destes talleres, en todas as bibliotecas haberá mostras bibliográficas con libros sobre estas festas tradicionais,  que poderán levar prestados para as súas casas, desde como confeccionar sinxelas caretas, como realizar disfraces, outros con distintos tipos de disfraces, ata obras de cociña e gastronomía desta época do ano.


Os días que terán lugar as actividades son os seguintes:

18 de febreiro    BIBLIOTECA MANUEL MARÍA. OLEIROS
24 de febreiro    BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA
25 de febreiro    BIBLIOTECA GARCÍA LORCA, MONTROVE E BIBLIOTECA Mª JOSÉ TRINCADO, MERA
26 de febreiro    BIBLIOTECA XOGRAR MENDIÑO, LORBÉ
27 de febreiro    BIBLIOTECA Mª JOSÉ RUSO, DORNEDA
28 de febreiro    BIBLIOTECA ÁNXEL FOLE,  NÓS   
6 de marzo              BIBLIOTECA ROSALÍA DE CASTRO, SANTA CRUZ
 

back link