Hemeroteca

Asset Publisher

Back Aprobado o Orzamento xeral que rexerá a vida municipal no 2014

Oleiros, 20 de decembro de 2013-. O Pleno do Concello de Oleiros aprobou na sesión plenaria celebrada esta mañá, e coa maioría do grupo de goberno o Orzamento xeral para este ano 2014, este orzamento que ascende a 25.075.385 euros é un 0,10% inferior ao do exercicio anterior, pero cun incremento do 10% nas partidas sociais.

Ademais, durante esta última  sesión do ano aprobouse as iniciativas que se incluirán no POS 2014 (Plan de Obras e Servizo da Deputación provincial). Nesta plan o Goberno local aposta pola conservación e mellora dos equipamentos existes, incluíndo a acondicionamento de varias rúas do municipio. Así mesmo, aprobouse definitivamente a urbanización que completa a zona compredida entre o Hábitat e a ponte de O Pasaxe.

Por último aprobouse por unanimidade a proposta do Goberno local para realizar a través da  Oenegé Equus Cebra, un envío de material á localidade de Yaundé, en Camerún. Deste xeito, está previsto que ao longo das próximas semanas un contedor de 40 pés, cuxo peso estimativo e de 14.000 quilogramos, cargado de  roupa, calzado para adultos e infantil, material informático, material médico, pupitres e material escolar sexa enviado a este país subsahariano.
 

back link