Hemeroteca

Asset Publisher

Back Aprobado o orzamento do Concello para o ano 2026

Cos votos favorables de Alternativa dos Veciños, a abstención do BNG e os votos en contra de PP e PSOE; quedou aprobado por maioría absoluta da corporación o maior orzamento da historia de Oleiros, que ascende a 52,4 millóns de euros, case un 10% máis que o do presente ano. Máis da metade dese diñeiro (un 58%) destínanse a bens correntes, servizos básicos e persoal, e case 20 a obras e servizos.

Obras que non se ven, como a tubaxe xeral para o abastecemento de auga e outras moi visibles como o edificio multiusos de Bastiagueiro atópanse entre estes investimentos que seguen o camiño de mellora constante dos servizos e infraestruturas públicas que definen o modelo de crecemento municipal. Tamén a senda de Naval a Canide, a grada do campo de fútbol de Montrove, a infraestrutura peonil en Bartolomé de las Casas ou a mellora do Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz; entre moitas outras obras por todo o municipio.

O incremento de transferencias doutras administracións é importante debido á recente aprobación europea de fondos para diversas iniciativas, que contribúen a aumentar os fondos municipais aos que tamén se suman os impostos directos e indirectos (un terzo do total de ingresos). Estímase ademais que non será preciso recorrer a financiamentos externos polas previsións de incorporar os remanentes de tesourería unha vez finalice o presente ano.
 

back link