Hemeroteca

Asset Publisher

Back Antón Reixa presenta Melancoholemia, este sábado no auditorio Gabriel García Márquez

 Oleiros, 29 de setembro de 2020-. O polifacético artista Antón Reixa presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a obra Melancoholemia. O propio Reixa e Pedro Brandariz forman o elenco desta comedia satírica e poesía con audiovisuais.

 
Sobre un texto propio, Antón Reixa, interpreta un paciente dunha institución mental que recibe os convidados nunha sesión de “portas abertas”. O texto, en clave satírica e na máis pura tradición do “teatro do absurdo” glosa o chamado estado de “melancoholemia”, a carencia de forma de ser. As imaxes do vídeo realizado por Antonio Sergade, baseadas no tratamento de diversas obras da historia das artes plásticas, a música de Cachopou e a presenza da actriz Antela Cid conforman a posta en escena dirixida polo dramaturgo vasco Fernando Bernues (El Florido Pensil, El Hijo del Acordeonista).
 
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala, a un prezo de 3,50 euros. A obra está recomendada para público adulto. 
 
Ante a situación sanitaria, e seguindo as directrices das autoridades, a capacidade da sala estará limitada. Será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.
 
back link