Hemeroteca

Asset Publisher

Back Ampla programación cultural do Concello de Oleiros polas Letras Galegas

 Oleiros, 4 de maio de 2022-. O Concello de Oleiros organiza diversas actividades culturais para todos os públicos durante todo o mes para conmemorar o Día das Letras Galegas. Cine, teatro, concertos infantís, contacontos, recitais poéticos, festival folclórico...

 
Este venres día 6, ás 20:30 horas, proxéctase o filme Sofía Casanova: a obreira do pensamento no Auditorio da Fábrica. Casanova foi a primeira muller española correspondente de guerra.  As entradas son de balde e pódense conseguir desde unha hora antes do espectáculo.
 
O sábado, nas Torres de Santa Cruz, vai celebrarse a Festa da Lingua, dirixida a nenos e nenas de 2 a 6 anos. Ás 12:30 horas estará Lydia Botana con Contos Musicados, ás 17:00 horas continuará Paparroibo con Varietés do animalario e ás 18:30 horas Mamá Cabra e Bellón e Maceiras presentarán Música das Buguinas. 
 
Desde mañá, haberá unha ampla programación de contacontos para nenos e nenas maiores de 6 anos en todas as bibliotecas municipais. Tamén se organizarán diversas actividades de fomento da lectura e do emprego da lingua entre o alumnado dos centros de ensino.
 
back link