Hemeroteca

Asset Publisher

Back Algo pasa con Paco, o domingo no auditorio da Fábrica

 Oleiros, 27 de septiembre de 2019-. A compañía O Auturuxo de Melpómene presenta o domingo ás 20:00 horas no Auditorio da Fábrica o seu espectáculo Algo pasa con Paco. Frankie Muiño, Alejandro Martín, Adelaida Abad, Chani Hernández, Carmen Caeiro e Beni Suárez forman o elenco desta obra de Alejandro Martín, que dirixe Cristina Mariño.

 
Algo pasa con Paco xira arredor de Paco Checo, un cabaleiro errante dos de antes, dos que van na procura de dragóns e tesouros sen pensalo, xa que posúe un grande e indubidable valor, ou iso cre el, pero a verdade é que Paquiño xa coñeceu tempos mellores. Cando as malvadas forzas do mal raptan á princesa do Pobo, Paco e o seu fiel escudeiro, Xaime, lánzanse ao camiño trala aventura e o misterio. Maxia, enredos, e entortos vanse sucedendo nunha trepidante e choqueira historia, onde Paco aprenderá que a vida non é só branca ou negra, senón que está chea de cores.
 
Entrada libre con invitación. As invitacións poderán recollerse a partir das 19.00 horas, ata completar a capacidade da sala. A obra está recomendada para maiores de 12 anos.
back link