Tras máis de tres décadas de historia, Alfaroleiros consolidouse como unha feira de referencia que soubo medrar e renovarse sen perder a súa esencia. Durante cinco días, veciñanza e visitantes poderán descubrir pezas únicas elaboradas artesanalmente, coñecer de primeira man o traballo dos mestres oleiros e achegarse a un oficio con séculos de historia que continúa vivo grazas á transmisión do coñecemento entre xeracións.
Ademais da exposición e venda de pezas de olería, o Concello organiza unha ampla programación paralela con concertos, demostracións de olería, maxia, circo, espectáculos e actividades gratuítas para todas as idades.