Hemeroteca

Asset Publisher

Back Alfaroleiros chega a Santa Cruz co barro e coa música como protagonistas

Oleiros, 2 de agosto de 2011.- Mañá día 3 de agosto inaugúrase a XVI edición da feira de olería Alfaroleiros. O acto celébrase ás 12.30 horas no parque Luís Seoane de Santa Cruz, lugar onde quedarán emprazados os expositores dos artesáns participantes. Na mostra participarán 25 oleiros de distintos puntos da xeografía española, o que permitirá admirar pezas de diferentes estilos, moldeadas con diversas técnicas e decoradas con distintos motivos seguindo a tradición dos seus lugares de orixe.

Ademais da artesanía, Alfaroleiros complétase cun programa cheo de actos paralelos que inclúe tres concertos programados para o venres, sábado e domingo, onde actuarán o grupo folk Leilía, La Trova Camagüeyana e a Banda de Gaitas da Asociación de Veciños Santaia de Santa Cruz, respectivamente.

PROGRAMA DE ACTOS:

  • VENRES 5 DE AGOSTO
    • 19:00 h: Lusco e fusco presentan o seu espectáculo de rúa “VIAXES”
    • 22:30 h: Concerto do grupo folk Leilía
  • SÁBADO 6 DE AGOSTO
    • 22:30 h: Concerto do grupo cubano La Trova Camagüeyana
  • DOMINGO 7 DE AGOSTO
    • 20:30 h: Clausura da feira coa actuación da Banda de Gaitas de la Asociación de Veciños Santaia de Santa Cruz

OLEIROS QUE PARTICIPAN:

  • Agustín Vázquez Ferreiro
    Niñodaguia (Ourense)
     
  • Alexandre e Xosé Añón Gil
    Meder-Salvaterra do Miño (Pontevedra)
     
  • Angel Peño Gallego
    Villafranca de los Caballeros (Toledo)
     
  • Antonio Alfonso Fernández
    Albox (Almería)
     
  • Antonio Cid García
    La Rambla (Córdoba)
     
  • Armando Moita Domingues
    Coimbra (Portugal)
     
  • Blas Casares Morales
    Monachil (Granada)
     
  • Cristóbal Arance Peña
    Bailén (Jaén)
     
  • Evelio López Cruz
    Mota del Cuervo (Cuenca)
     
  • Francisco Casas de la Cal
    Puente del Arzobispo (Toledo)
     
  • Francisco Saavedra Leva
    Salvatierra de los Barros (Badajoz)
     
  • Isidoro Granados Luque
    Lucena (Córdoba)
     
  • Joaquín Albalat Juárez
    Ribesalbes (Castellón)
     
  • José Pajares Bermejo
    Arroyo de la Luz (Cáceres)
     
  • José Ángel Boix Martínez
    Agost (Alicante)
     
  • José Luis Naharro Hernández e
    Antonio Naharro
    “Alfarería Extinguida” Madrid
    “Alfarería Navarrete” La Rioja
     
  • Josefa Lombao Ferro
    Bonxe-Outeiro de Rei (Lugo)
     
  • Juan Pablo Martínez Múñoz
    Úbeda (Jaén)
     
  • Manuel Miguel Vicente Santiago
    Moveros de Aliste (Zamora)
     
  • Marcelino Rodríguez Suárez
    Llamas de El Mouro (Asturias)
     
  • María Luisa Esteban Chacón
    Talavera de la Reina (Toledo)
     
  • Tomás López González
    Gundivós-Sober (Lugo)
     
  • Víctor Dueñas Herrero
    Alba de Tormes (Salamanca)
     
  • Víctor Redondo Tamame
    Pereruela (Zamora)
     
back link