Hemeroteca

Asset Publisher

Back Ainoa Buitrago actúa o venres na Fábrica

 Oleiros, 5 de outubro de 2020-. A artista Ainoa Buitrago ofrecerá un concerto no centro cultural A Fábrica, en Perillo, este venres ás 21:00 horas. Este espectáculo cultural organizado polo Concello de Oleiros forma parte do Festival Elas Son Artistas da Deputación da Coruña.

 
Ainoa Buitrago é unha moza madrileña que comezou a tocar a guitarra dende pequena. Con 14 anos comezou a compoñer e foi un ano despois cando deu o seu primeiro concerto. Cinco anos despois, a súa versatilidade compositiva influenciada pola música de autor, o indie, o R&B ou a música urbana, cunha forte influencia pop, levouna a gravar o seu primeiro álbum de estudo. A pesar da súa xuventude, é un referente no circuíto teatral de Madrid.
 
A entrada é libre con invitación, que poderá recollerse na billeteira desde as 20:00 horas. Ante a situación sanitaria, e seguindo as directrices das autoridades, a capacidade da sala estará limitada. Será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender as indicacións e normas da organización.
 
back link