Hemeroteca

Asset Publisher

Back AENA acometerá as obras de illamento acústico nas vivendas afectadas pola servidume acústica de Alvedro

Tras as alegacións e demandas presentadas polo Concello ante a ampliación da servidume acústica do aeroporto de Alvedro, os veciños e veciñas afectados, principalmente de Montrove, están a recibir nos seus domicilios unha comunicación de AENA para facerse cargo das obras de illamento acústico. AENA enviará un técnico a todos os domicilios afectados que o soliciten para facer as medicións e decidir que actuacións corresponden.

Todo o proceso é totalmente gratuíto para as persoas afectadas. Como norma xeral está previsto actuar en dormitorios e salóns, pero en función de cada caso poderían incluír algunha outra estancia.
Todos os veciños e veciñas que reciban a carta no seu domicilio deben realizar a solicitude para poder optar a estas obras de illamento gratuítas.

SOLICITUDE

back link