Hemeroteca

Asset Publisher

Back ADXUDICADAS AS 18 VIVENDAS DE MESÓN DA AUGA

 

Estas vivendas, de réxime especial, serán adxudicadas tanto en propiedade como en aluguer. En compra o seu prezo medio é de 70.000 euros, as súas dimensións oscilan entre os 80 e os 90 metros cadrados.

Oleiros, 19 de novembro de 2010-. O Concello de Oleiros, ante a posible perda da desgravación fiscal pola adquisición de vivenda que poderían sufrir os 18 beneficiarios do sorteo de vivendas de réxime protexido da urbanización Mesón da Auga, pendentes de ser adxudicadas desde hai máis de tres anos, e dado que das 18 vivendas 16 serán adxudicadas a veciños do municipio e dúas a non residentes, retira o contencioso administrativo interposto ante a Xunta pola adxudicación destas.

As 18 vivendas, que levan terminadas e baleiras máis de tres anos, sorteáronse segundo o convenio subscrito entre Xestur e o Concello de Oleiros, pero a Xunta de Galicia pretendía outorgalas non só a empadroados en Oleiros, se non tamén a cidadáns que traballasen no municipio, o que levou ao Goberno local a interpoñer o contencioso.

Estas vivendas, de réxime especial, serán adxudicadas tanto en propiedade como en aluguer. En compra o seu prezo medio é de 70.000 euros, as súas dimensións oscilan entre os 80 e os 90 metros cadrados. Os seus adxudicatarios estarán exentos de realizar o depósito inicial do 20% do importe total, como se fixa para outro tipo de vivendas protexidas. A hipoteca mensual non supera os 250 euros e terán o IVE subvencionado. En réxime de aluguer os importes mensuais oscilan entre os 190 e 211 euros.

back link