Hemeroteca

Asset Publisher

Back Adhra e Ritman ofrecen un concerto o sábado na Fábrica

Oleiros, 27 de febreiro de 2019-. Este sábado finaliza o VI Ciclo de Música Voces Cálidas para noites de Inverno cun concerto do grupo Adhra e Ritman, no centro cultural A Fábrica, en Perillo, ás 20:30 horas. As entradas estarán á venda desde unha hora antes do inicio do espectáculo a un prezo de 2,50 euros.

Adhra & Ritman está formado por Adhara Caamaño, Tito Barbeito, Arturo Krest e Andrés Castro. O seu repertorio mestura o folk galego con música latina, reagge, swing, soul e rock.

back link