Hemeroteca

Asset Publisher

Back Abril, fado atlántico; o sábado 8 de febreiro na Fábrica

O sábado 8 de febreiro ás 20:30 horas terá lugar no Centro Cultural A Fábrica o concerto Abril, fado atlántico (fado e outras músicas atlánticas). As entradas teñen un prezo de 4 euros e pódense adquirir a través da web www.giglon.com e desde unha hora antes na billeteira do auditorio.

Abril, Fado Atlántico é un proxecto musical de fado nado en Ferrol­terra no ano 2007 con carácter aberto, onde teñen cabida músicas como o tango, o choriño brasileiro ou músicas puramente clásicas, sempre coa instrumentación típica de fado portugués.

Daniel Adzemian, guitarrista arxentino, é o líder do proxecto no que resaltan tanto os seus arranxos como a súas composicións. Varios foron os artistas que colaboraron co grupo, resaltando o labor de José Calabuig (guitarra clásica) ou da cantante Noelia Santos, voz principal do primeiro traballo discográfico de ABRIL fado atlántico, chamado PAZO DA MERCED.

O grupo rematou a produción do seu terceiro traballo discográfico, feito integramente en galego, destacando a participación da fadista compostelá Sara de Sousa, que actuou en diversos escenarios de Porto e outras localidades do norte de Portugal. Iria Quintía guitarrista de formación superior clásica (viola de fado) completa a formación de ABRIL Fado Atlántico.

back link