Oleiros, 14 de setembro de 2017-. O período para o pago do imposto de bens urbanos (IBI), o imposto de bens de natureza rústica (IBIR), así como o imposto sobre actividades económicas (IAE) abrirase mañá venres e rematará o 20 de novembro. Ademais das vías habituais, o pago destes impostos pode efectuarse de forma sinxela a través da sede electrónica do Concello de Oleiros.
Os recibos domiciliados serán cargados o día 16 de outubro. Tamén é posible realizar o pago no edificio de Facenda Municipal, na avenida Francisca Herrera 3, de 8:30 a 13:30 horas; ou en calquera dos bancos colaboradores. As dúbidas poden ser consultadas a través do correo electrónico recadacion@oleiros.org ou no teléfono de atención ao veciño 981 61 00 00.