Hemeroteca

Asset Publisher

Back Abierto el plazo para el Curso de Monitor de Comedor Escolar

 

Oleiros, 8 de setembro de 2014-. Tras a demanda de solicitude para a realización deste curso de monitor de comedor escolar, o Centro de Información Xuvenil ofertará para o mes de outubro unha nova edición co obxecto de intentar chegar ao maior número posible de veciños e veciñas interesados en formarse neste campo e intentar despois mellorar as súas condicións laborais.
 
O curso quere dotar ao alumnado de coñecementos, habilidades e actitudes necesarias para poder desempeñar de xeito competente as funcións propias dun monitor de comedor escolar non universitario.
 
O programa formativo sería:
 
- O papel do monitor de Comedor Escolar: Funcións, tarefas e responsabilidades.
- O comedor escolar dentro do ámbito educativo e o seu funcionamento.
- A nutrición na etapa escolar.
- A dieta equilibrada.
- Hixiene bucal.
- Recursos educativos: habilidades comunicativas e sociais e aprendizaxe das dinámicas que garantan o axeitado comportamento dos nenos e nenas.
- Certificación en manipulación de alimentos.
- Primeiros auxilios ante situacións de emerxencia no comedor escolar.
 
O curso terá unha duración dunhas 30 horas distribuídas do seguinte xeito:
 
¿ Do 6 ao 15 de outubro.
 
O horario será:
 
- Do 6 ao 14 de outubro de 16:00 a 20:00 h
- O 15 de outubro de 16:00 a 18:00 h.
 
A actividade terá lugar no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo, dos Regos.
 
Unha vez rematado o curso farase entrega dun diploma acreditativo a aquelas persoas que teñan máis dun 75% de asistencia.
 
De xeito opcional as persoas participantes poderán realizar prácticas no comedor dos campamentos de verán que organiza o Concello de Oleiros.
 
O custo da actividade é de 49,50 € para os empadroados e de 82,50€ para os non empadroados.
 
As inscricións poderanse facer a través do correo c.xuventude@oleiros.org, no teléfono  981 636 598 ou de xeito presencial no Centro de Información Xuvenil A Fábrica.
 
back link