Hemeroteca

Asset Publisher

Back Aberto o prazo para solicitar as axudas á escolarización do Concello de Oleiros para o próximo

Oleiros, 30 de maio de 2014-.  O Concello de Oleiros informa de que está aberto o prazo para solicitar as axudas á escolarización para o próximo curso. As persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes ata o día 19 de xuño. Estas axudas son unha das medidas de recollida no regulamento municipal contra a exclusión social, regulamento aprobado por unanimidade en xuño de 2010 por todas as forzas políticas.

 
As prestacións de apoio á escolarización son axudas económicas non periódicas de pagamento único e cun carácter finalista, co fin de axudar a cubrir os gastos extraordinarios que supón nunha familia o inicio do curso escolar. Teñen un importe de 75 euros e concédense por concorrencia competitiva, é dicir, a aquelas familias coa renda per cápita máis baixa ata esgotar os 6.000 euros previstos no orzamento. 
 
Este orzamento é igual que os de anos anteriores xa que nunca chegou a esgotarse. Este ano, co fin de que poidan beneficiarse un maior número de familias, incrementouse o límite de ingresos para poder acceder ás axudas. Estas están dirixidas a menores entre 0 e 16 anos, aínda que terán prioridade os que teñan máis de 3 anos. Con carácter xeral os menores deberán estar escolarizados nun centro público ou concertado do Concello de Oleiros e convivir cos seus pais, titores legais ou acolledores. Poden atopar máis información na web do Concello de Oleiros dentro do apartado da Concellería de Servizos Sociais, Sanidade e Consumo.
 
back link