Hemeroteca

Asset Publisher

Back Aberto o prazo para a licitación dos bares das casas do pobo de Dorneda e Iñás

Oleiros, 29 de outubro de 2015-. O Concello de Oleiros abriu o prazo para a licitación dos bares que hai nas casa do pobo de Dorneda e Iñás. Os interesados e interesadas poden presentar as súas solicitudes ata o día 6 de novembro. O adxudicatario da concesión terá que pagar como mínimo un total de 2.640 euros anuais no caso de Dorneda e 2.880 polo bar de Iñás. Esa cantidade poderá ser superior se algún dos licitadores decide presentar algunha oferta superior para facerse coa concesión.

Segundo establece o prego de contratación, o contrato adxudicarase mediante procedemento negociado sen publicidade obrigatoria. As persoas interesadas en participar neste proceso deberán entregar as súas propostas no Rexistro Xeral do Concello de Oleiros.
 

back link