Hemeroteca

Asset Publisher

Back Aberto o prazo de reserva de entrada para a película Dumbo

 Oleiros, 2 de xaneiro de 2022-. Dentro da programación de actividades do Concello de Oleiros para este Nadal, mañá luns día 3 realizarase a proxección da película infantil Dumbo, ás 18:30 horas, no auditorio da Fábrica. As persoas interesadas en asistir poden reservar a súa praza a través da web municipal. 

 
As entradas outorgaranse por orde de inscrición. No caso de ocuparse todas as prazas elaborarase unha lista de reserva para ocupar posibles vacantes que xurdan. De quedar invitacións sen adxudicar, entregaranse no propio espazo 30 minutos antes da película por rigorosa orde de chegada.
 
back link