Hemeroteca

Asset Publisher

Back Aberto o prazo de inscricións para a Escola Municipal de Surf

Imagen Aberto o prazo de inscricións para a Escola Municipal de Surf

Está aberto o prazo de inscrición para apuntarse á Escola Municipal de Surf. Ofértanse 72 prazas para rapaces e rapazas de Oleiros de entre 12 e 20 anos.

Todas aquelas persoas interesadas en apuntar os seus fillos e fillas a esta escola, deberán facelo a través da Sede Electrónica do Concello. Tamén é posible dirixirse persoalmente á Fábrica.
 
Ante a problemática sanitaria e social derivada dos altos índices de obesidade infantil e xuvenil, o sedentarismo e as dificultades que ás veces atopan os mozos e mozas para practicar deportes de xeito regular, o Concello porá en marcha un novo curso desta escola deportiva que se desenvolverá entre outubro deste ano e maio de 2027. Terá un custo mensual de 15 euros e o Concello achegará a táboa, o traxe de neopreno e unha licra para a actividade.