Hemeroteca

Asset Publisher

Back Aberto o prazo de inscricións para a Escola Municipal de Golf

Imagen Aberto o prazo de inscricións para a Escola Municipal de Golf

Do 24 de xullo ao 6 de agosto permanecerá aberto o prazo para presentar as solicitudes de nova inscrición na Escola Municipal de Surf de Oleiros para o vindeiro curso.

A actividade está dirixida a nenos e nenas nados entre os anos 2009 e 2016.
As solicitudes deberán presentarse a través da Sede Electrónica do Concello de Oleiros. 

O programa de actividade terá lugar no Campo de Golf de Xaz dende o 1 outubro de 2026 ata o 31 de maio de 2027,  coincidindo sempre as súas sesión co calendario escolar. O custe da actividade será de 17€/mes para dúas sesións e de 8€/mes para unha sesión semanal.

A estrutura do curso organízase en 8 quendas de 45 minutos/sesión de duración cada unha. Pódese escoller entre un ou dous días.

O Concello de Oleiros ten interese en divulgar e dar a coñecer a práctica do golf entre a poboación en idade escolar do municipio. Para iso, e grazas a un convenio de colaboración entre o propio Concello de Oleiros e as sociedades que xestionan o campo de golf de Xaz, creouse a Escola Municipal de Golf.

Máis información, horarios e acceso á solicitude:
Escola municipal de golf 2026-2027- Nueva inscripción