Hemeroteca

Asset Publisher

Back Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro de Danza Creativa en Familia

Oleiros, 26 de febreiro de 2018-. Desde hoxe está aberto o prazo para inscribirse a un obradoiro de danza creativa en familia. A actividade constará de tres sesións que serán os días 3, 10 e 17 de marzo, ás 17.30 h no salón de actos do Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo.

Danza Creativa en Familia é unha actividade, dentro do programa Apego, para familias con nenos de 0 a 5 anos, divertida, activa e cooperativa, que nos permitirá conectarnos a través do movemento e a palabra utilizando as caricias, a respiración, o ritmo, a música, o baile, o xogo… fortalecendo o vínculo emocional, coñecéndonos e comunicándonos de maneira positiva. Con esta actividade quérese mostrar que o corpo e a palabra se acompañan do movemento, a música e a creatividade para reforzar o apego e promover a comprensión e integración da lingua.

Para participar neste obradoiro, que organiza o Servizo de Normalizaicón Lingüística do Concello de Oleiros, é preciso inscribirse a través de correo electrónico lingua@oleiros.org ou chamando ao 981 610 000 ext. 4905.

 

back link