Hemeroteca

Asset Publisher

Back Aberto o prazo de inscrición para o Obradoiro Cabaré

 Oleiros, 24 de setembro de 2019-. Coa intención de fomentar a igualdade, o Concello de Oleiros pon en marcha outra actividade que pon o foco no colectivo feminino, ao considerar que son as mulleres as que máis sofren as consecuencias do patriarcado e que historicamente estiveron, e seguen a estar, máis discriminadas. As persoas interesadas en participar no Obradoiro Cabaré poden inscribirse na páxina web do Concello ou no Departamento de Servizos Sociais e Igualdade ata o día 30 de setembro ás 14:00 horas.

 
O cabaré é un xénero artístico aínda moi descoñecido hoxe en día na sociedade. Mais alá da parte estética resulta moi beneficioso a calquera idade xa que axuda a desinhibirnos, a descubrir e aceptar a nosa sensualidade, fortalecendo a nosa autoestima e descubrindo o noso potencial feminino. A base deste xénero escénico é a actitude, isto fai que gañemos moita confianza e seguridade desenvolvendo habilidades para a vida cotiá xa que nos achega unha gran dose de valentía, enfrontándonos ao control da vergoña, confiando no noso instinto e expresándonos con liberdade.
 
Esta actividade desenvolverase, no Salón de Actos do Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo durante os mércores de outubro, novembro e decembro. Serán 12 sesións de hora e media cada unha, en horario de 19:00 a 20:30 horas.
back link