Hemeroteca

Asset Publisher

Back Aberto o prazo de inscrición para a escola infantil A Braña de Mera

Oleiros, 18 de maio de 2012-. Tras o acordo acadado polo Concello de Oleiros e a Consellería de Traballo e Benestar para a integración da escola infantil A Braña de Mera na rede de escolas infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, publícase hoxe no DOG a apertura do prazo de reserva de matrícula para esta escola.

O prazo de inscrición queda aberto dende hoxe, 18 de maio, ata o día 2 de xuño, inclusive.

As solicitudes poderán presentarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Oleiros. O horario de atención é de luns a venres de 08:00 a 15:00 horas.

Poderán presentar as solicitudes todas as persoas interesadas en optar a unha praza pública nesta escola, incluídas aquelas que xa presentaran unha solicitude de renovación ou de novo ingreso nalgunha das outras escolas infantís do Concello de Oleiros.

Para recoller as solicitudes e acadar a información necesaria deben dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Oleiros ou ben a través do teléfono de atención ao veciño 981 610 000

A Escola Infantil A Braña de Mera sita nun lugar privilexiado deste concello, frente á praia de Mera, conta con 41 prazas distribuídas en tres unidades que permitirán reducir a listaxe de agarda existente na actualidade.

 

back link