Hemeroteca

Asset Publisher

Back A XXII edición da Feira do Mel celébrase este domingo no mercado de Perillo

Oleiros, 2 de novembro de 2011.- Este domingo día 6 de novembro celébrase a XXII edición da Feira do Mel que organiza o Concello de Oleiros. A feira levarase a cabo dentro dunha gran carpa instalada na rúa, xusto diante do mercado municipal de Perillo, como nos anos pasados. As persoas visitantes desta mostra poderán degustar, de balde, pan, queixo e mel que ofrecerán os distintos expositores deste doce produto. Este ano a feira conta con 27 apicultores chegados de toda Galicia.

Ao longo do día haberá distintas actuacións musicais. Pola mañá contaremos coa presenza de grupos de baile e gaitas, Semente Nova de Perillo e Amadexo de Dexo, xunto coa Banda da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros.

Durante a tarde a organización ofrecerá un magosto e unha queimada popular amenizada pola orquestra Nevada. Contarase coa presenza de artesáns que amosarán os seus oficios tradicionais e animacións infantís para que os máis pequenos se divirtan e fagan actividades entretidas. Haberá unha polbeira para gozar tamén deste produto. O Concello propón unha feira totalmente consolidada con máis expositores cada ano, nun ambiente festivo e familiar, que ano tras ano consigue un gran éxito de asistencia.

 

back link